O CD Cesantes fixo historia coa creación do primeiro equipo sénior feminino despois de 55 anos de existencia do club. Comezaron a liga en F7 e o obxectivo é mantelo no tempo e conseguir as suficientes xogadoras para chegar a F11. Todo parece ir por bo camiño, xa que de momento atópanse nos postos altos da táboa gracias aos dous partidos gañados e os dous empate que suman no que vai de tempada.
Todo comezou pola ilusión de María que xogaba no equipo mixto cadete e no momento de pasar ao sénior víase na situación de ter que deixar o club por non existir equipo feminino nesta categoría. A directiva mobilizouse para cumprir o seu soño de seguir xogando no Cesantes e través das redes contactaron con mulleres de moitos puntos de Redondela e a comarca. Comezaron sendo ao redor de 12 xogadoras e agora xa son 17: María, Alba, Inés, Iria, Eva, Noa, Judith, Ángela, Bárbara, Alba, María, Julia, Noemi, Vanesa e Vero; entre outras.
Moitas veces as mozas teñen que saír do municipio para poder continuar con este deporte, pola falta de equipos para elas, e gracias a esta iniciativa teñen máis opcións preto da súa casa. Noemi explica que “o principal é afianzar o equipo e que continúe no tempo” e sinala o valor da directiva que este ano conseguiu aumentar os equipos femininos tamén na base.
O principal e que máis valoran todas as xogadoras é a amizade que se formou cando se coñeceron para formar o sénior feminino. Un compañeirismo e ganas de xogar que se respira en todos os adestramentos, no que se xuntan deportistas dende os 15 aos 44 anos. “A idade non importa e o mellor é que nos apoiamos entre todas” , engade Noemi.
O club adaptou os horarios de adestramento no campo para xestionar as instalacións e darlles o seu propio espazo. Nestes momentos non contan con vestiario propio polo que teñen que buscar fórmulas para que todo funcione e atópanse en situacións nas que ata tres equipos masculinos comparten onde cambiarse para cederlle o lugar a elas. Denuncian que o Campo de A Gándara, a pesar de ser novo, “non está en boas condición”.
Como obxectivos de cara a seguinte tempada marcan poder xogar en F11, pero precisan ser máis para cubrir as baixas das veteranas por conciliación ou as posibles lesións. Así o explica Eva que cree que “despois de afianzar o equipo cree que poden logralo”.
Vanesa é a xogadora máis veterana, leva xogando ao fútbol ou fútbol sala desde os 11 anos e pasou por equipos cómo o Pazos, o Chapela e o Mós; co que logrou xogar a nivel nacional. Ela é a que maior perspectiva ten da situación actual do fútbol feminino e salienta a evolución dos últimos dez anos no que os adestramentos adaptáronse as necesidades físicas das mulleres. Asegura que “definitivamente agora tense en conta o perfil feminino, algo polo que antes non apostaban”. Desexa alcanzar os retos que lles poñan polo camiño e loitar para conseguir que as que veñen detrás delas poidan ter todas as oportunidades.
O maior reto ao que se enfrontou na súa experiencia deportiva era que “o fútbol era para chicos”. O seu pai e familia apoiárona dende o comezo, pero recoñece que moitas non tiveron tanta sorte e “xogaba a escondidas trinta anos atrás”.
Os sentimentos de Vanesa están coas súas compañeiras e considera que gracias a elas puido volver saír ao campo a competir. Volver a ter a estar nun equipo é unha sensación coa que xa non contaba, pero o Cesantes abriu esa posibilidade.
Sen dúbida amosan confianza unhas nas outras. Despois das palabras da veterana, o resto de equipo emocionouse e quixo compartir todo o que están aprendendo gracias a ela. Unha das dúas capitanas, Alba, explicaba que “ensinounos a ver o xogo de forma intelixente e sempre está aí cando a necesitamos”. Algo ao que dende o equipo engadían “a veces podes sentirte de menos, pero Vanesa transmite moita confianza no campo”.
Non só agradecen o apoio de Vanesa, senón de toda a directiva e dos equipos masculinos co que conforman unha gran familia. Síntanse arroupadas, porque “no CD Cesantes o feminino está á par do masculino e iso é algo pouco habitual nun club, o que o fai moi ilusionante”.
Xa están traballando coa base para que rapazas do infantil, como Marta ou Martina, poidan ver nelas un futuro neste deporte. “Moitas veces xogan con nós despois do seu adestramento e dannos un repaso”, sinala María. CORTE base e chamamento
Animan a toda a rapazada de Redondela a unirse ao club e fan un chamamento as rapazas interesadas en entrar no novo proxecto do sénior feminino que van a levar con moita ilusión e cariño. O equipo quere recalcar que “non precisas ter habilidades ou experiencia previa, trátase de achegarse aquí e crecer xuntas”. Nestes momentos están situadas de terceiras na clasificación xeral e o último partido gañado foi na casa cun derbi contra o CD Soutomaior (4-1), rival directo.
Para máis información poñen a disposición os números de teléfono 673 42 51 54 (Marcos) e 636 17 42 74 (Tavo), ademais das redes sociais do CD Cesantes.