Rúas e prazas do Concello iluminaranse con 895.000 luces led. O acendido, que terá lugar o xoves véspera da ponte de decembro ás 20:00 horas, chegará precedido do espectáculo “Meninas”, un pasarrúas da compañía Yera que percorrerá o centro da vila a partir das sete.
Marionesta xigantes cunha estética que lembra aos traxes de época con grandes cadeiras, tipo “Menina”, acompañadas de música creada especialmente para a ocasión serán as encargadas de animar os minutos previos a un acendido que busca ser o pistoletazo de saída das celebracións do Nadal.O percorrido deste espectáculo itinerante comezará na Praza de Ribadavia.
A Coca Simona será outra das protagonistas da xornada, acompañando o pasarrúas e facendo as delicias dos nenos e nenas. O acendido das luces de Nadal será ás 20.00 horas cunha decoración que suma máis de 5.000 metros cadrados de iluminación, 600 elementos decorativos, 200 arcos e 895.000 luces led.
A iluminación de Nadal “estenderase por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto”, segundo explicou a alcaldesa Digna Rivas.De feito, o prendido das luces será simultáneo en todo o municipio o día 5 ás 20.00 horas, na véspera da ponte de decembro.