Os resultados desta fin de semana no fútbol local só deixaron unha vitoria para o Choco, mentres que o resto de equipos acadaban empates ou derrotas.
Preferente, grupo 2
CULTURAL AREAS – CD CHOCO (1-2)
O CD Choco desprazouse ata Ponteareas para xogar contra o Cultural Areas. Un partido que segundo o seu adestrador, Félix Rial, estivo marcado “polos nervios e a tensión” ao gañar cun só gol de diferenza.
A primeira parte estivo moi igualada, ambos os equipos tiveron achegamentos pero sen ocasións claras excepto un intento Marcos Torres que botou fora. Na segunda parte fixéronse totalmente co partido facendo o 0-1 e 0-2. Tiveron varias transicións para pechalo co 0-3, sen embargo no minuto 90’ o penalti do rival deixou o resultado nun 1-2. A próxima xornada reciben ao Porriño Industrial FC, sextos da categoría e a seis postos dos choqueiros.
Goleadores: Jonás (70’), Oscar (78’).
Primeira futgal, Grupo 5
UDC VILABOA –CD SOUTOMAIOR (1-1)
Os de Soutomaior mantéñense no posto 14 da táboa despois deste empate e a próxima xornada reciben ao CD Ribadumia, rival directo.
Goleador: Lucas (38’).
CD ARCADE – PUEBLA FC (0-0)
Este foi un encontro interesante, porque o Arcade enfrontábase ao líder . O Pubela FC aínda non perdeu ningún partido ata o de agora e suma 32 puntos. Despois deste empate os de Serafín mantéñense de terceiros con 23 puntos e a próxima xornada visitan o SD Valiño.
Segunda Futgal
CD ATLÉTICO DE VILLAR – SAN MIGUEL C.F. (1-4)
Primeira derrota do Villar na casa que ata o de agora estaban invictos no seu terreo. Nestes momentos sitúanse no posto 12 da táboa e a próxima xornada visitan o CD Vincios, segundo pola cola e unha boa oportunidade de sumar.
Goleador: Pablo (1’).
Terceira futgal, Pontevedra
FC CRUCEIRO – CD CESANTES (3-0)
O Cesantes perde na súa visita a un dos favoritos da liga. O Cruceiro sitúase de segundos na táboa, polo que non era un enfrontamento fácil. A próxima xornada reciben ao CFB Poio.
Terceira futgal, Vigo
CD COYA – CF CHAPELA (1-0)
A próxima xornada reciben ao Modelo CF.