O derbi entre os dous equipos de Chapela resolveuse a favor do Campito de forma ampla. Tivo lugar no Pavillón Municipal da parroquia , onde conseguiron materializar ata once goles.
Terceira División Nacional
ED VIGO 20115 – SD DEPORTIVA PAZOS DE BORBÉN (6-4)
Segundo as redes sociais do club, “comezaron dominando o partido e con múltiples ocasións de adiantar o marcador, pero non foi o noso mellor día de cara a portaría”.
Os anfitrións si que estiveron acertados e conseguiron irse cun 4-1 ao descanso, que acabou sendo clave para o desenlace final . Na Ssegunda metade os de Pazos seguiron intentándoo pero seguiron sen acerto, escapándoselles tres importantes puntos.
Agradecen o apoio a toda a afección que se desprazou ao partido , séntense “uns privilexiados de contar con vos” . Nestes momentos sitúanse de quintos na clasificación xeral e a vinderia semana recibiren a un dos clásicos da categoría e dos grandes candidatos ao ascenso, o Sport Sala Culleredo FS .
Goleadores: Diego (19’, 38’), Alfredo (20’), Pablo (37’).
Preferente Futgal, 2
REDONDELA FS RODAVIGO – CESURES FS (3-2)
A liga en preferente está sendo moi axustada e os postos altos están moi igualados en puntos. Despois desta vitoria o Redondela sitúase de cuarto empatado a puntos co Pizarras los tres Cuñados FS e moi preto de As Neves. A próxima xornada reciben ao Reserpon Poio Pescamar FS.
Goleadores: Borja (0’), Mario(16’), Óscar (30’).
CAMPITO CHAPELA FS – AREALONGA FS CHAPELA (11-4)
O derbi entre os dous equipos de Chapela resolveuse a favor do Campito de forma ampla. Tivo lugar no Pavillón Municipal da parroquia , onde conseguiron materializar ata 11 goles.
Desta forma o Campito sitúase de 11 na táboa, mentres que o Arealonga continúa sendo o pechacancelas do grupo. O próximo domingo os anfitrións desta xornada desprázanse para xogar contra o Valladares, mentres que o Arealonga recibe ao Quita de Tui FS.
Goleadores Campito: Alejandro (8’, 26’, 27’, 35’, 38’), Pedro (17’, 28’, 31’, 32’, 39’, 40’).
Goleadores Arealonga: Carlos (2’, 37’ e 39’), Fernando (7’).