A deportista redondelá, membro do Club de Taekwondo Omnihum, foi seleccionada aos seus 62 anos para competir no Campionato Mundial de Poomsae xunto coa Selección Española. A competición estase a celebrar en Hong Kong e rematará mañá 4 de decembro.
Hoxe era a quenda da súa categoría (parella 60+) e, xunto co seu compañeiro catalán Jose Manuel Marín, conseguiron chegar a semifinais. Caeron derrotados contra a parella de Alemaña con tan só 30 puntos de diferenza e clasificándose así para o terceiro posto.
Despois de case 30 anos practicando este deporte suma o título terceira de terceira do mundo ao seu extenso palmarés que inclúe tamén outros títulos. Na súa longa carreira suma outro bronce no Campionato de Europa de Poomsae celebrado en 2015. Chegou a participar no campionato internacional de México do ano 2014, sendo esta a súa segunda convocatoria para esta cita. Naquela ocasión Queiro chegou ata a final, quedándose co quinto posto.
A disciplina que practica consiste en combinacións de movementos que representan ataques e defensas executados nunha orde concreta ou liña de movementos contra un ou varios atacantes imaxinarios.