Hoxe é Luns 2 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do BM Chapela ante o Línea21

468947776_1127836519350994_4853952038922790335_n (1)

O BM Chhapela conseguiu quedar cos dous puntos na casa e seguir escalando na táboa para situarse de quintos, unha moi boa posición neste comezo de tempada. Na mesma liga a SAR Opmobility perdía contra o Seis do Nadal, pero mantéñense de terceiros e aínda con posibilidades de volver liderar.

Primeira Autonómica Masculina

BM CHAPELA – BM LINEA21 LIGNUM PLUS (37-32)

O BM Chapela, gracias a esta vitoria, conseguiu  subir un chanzo e situarse de quintos con nove puntos e moi preto da SAR.  A próxima xornada visitan o Bueu Atlético Balonmán.

SEIS DO NADAL COIA – SAR OPMOBILITY (29-27)

A SAR OPMobility visitou a cancha do Seis do Nadal, actual líder da Primera Autonómica, nun enfrontamento cargado de intensidade e rivalidade.

Desde o inicio, ambos os equipos tiveron un ritmo elevado e despregaron defensas sólidas, ofrecendo un duelo moi equilibrado. Cada gol foi froito dunha intensa loita, reflectindo a calidade e ambición de ambos os conxuntos. Ao termo da primeira metade, o marcador sinalaba un axustado 14-13.

O intercambio de golpes continuou na segunda parte, co marcador igualado durante gran parte do encontro (19-19 no minuto 40). Con todo, no tramo final, os locais aproveitaron pequenos detalles para tomar unha leve vantaxe que resultou decisiva. O resultado final foi 29-27.

A pesar da derrota, foi un auténtico partidazo que fixo vibrar e sufrir por igual ás dúas afeccións. Mantéñense de terceiros na táboa e o próximo desafío será a fin de semana do 15/12, cando recibirán ao Balonmán Loriga no Pavillón Municipal de A Bomboneira.

A próxima xornada reciben ao BM Loriga.

Foto de Patry Rivas.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará