Paula Domínguez Encinas é xogadora profesional de fútbol dende hai 9 anos, malia que os seus inicios neste deporte remóntanse a cando tiña tan só 6. Apaixonada do fútbol está actualmente en pleno proceso de recuperación logo de terse operado hai un mes dunha rotura do ligamento cruzado anterior. Lesión que tamén sufriu no outro xeonllo hai menos dun ano. Aténdenos ao teléfono dende Lisboa dende reside dende que fichara polo Benfica.
Lembramos con ela os seus inicios “sempre apoiada polo seu entorno máis próximo” e falamos do seu futuro “non me quero arrastrar polos campos e cando vexa que non rendo deixareino”, pero confía en poder seguir dedicándose a súa paixón “ata que o corpo aguante”.
Non teme a chegada da súa retirada porque “conto cun plan B” logo de licenciarse en Química e facer un master en Intelixencia artificial algo moi afastado da súa ocupación actual.
Aproveitamos tamén para conversar sobre o machismo no deporte. Lembra o acontecido no “caso Rubiales” e o bico non consentido a Jenni Hermoso como un momento vergoñento ante o comportamento do máximo representante do fútbol feminino en España e lamenta que eclipsase un éxito tan importante para este deporte como foi a vitoria de España na final da Copa Mundial.
A cara positiva é que ese feito “serviu para abrir os ollos a moita xente e poñer o foco en comportamentos que non deben ser consentidos “situacións que debemos ver, sinalar a quen as provoca e protexer a quen as padece”.
#Asmullerescontan un espazo da Radio Municipal de Redondela en colaboración coa Concellería de Igualdade.