Hoxe é Mércores 4 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Casa Paco inicia a súa campaña anual de recollida de alimentos para Cáritas

WhatsApp Image 2024-12-03 at 17.37.14

O Grupo Casa Paco de Redondela puxo en marcha a súa tradicional campaña do Nadal de recollida de alimentos para Cáritas-Redondela. Desde a organización desta iniciativa solidaria explican que as persoas interesadas en colaborar xa poden contribuír depositando todo tipo de alimentos non perecedoiros no pavillón de Reboreda ou no Multiusos da Xunqueira.

O ano pasado os torneos solidarios Recambio Ochoa do C.D. Choco, Cabeiriño Solidario do Arealonga F.S. e Recollida Solidaria de Alimentos do Grupo Casa Paco – que abrangue a colaboración doutros clubs da contorna –  recolleron preto de 4000 quilos de alimentos non perecedoiros que foron entregados a Cáritas de Redondela para ser repartidos entre as persoas en risco de exclusión social.

Gracias a iniciativas solidarias como esta, no ano 2023 Cáritas de Redondela prestou axuda a 148 fogares, con preto de 400 persoas beneficiarias, sendo 100 menores de idade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará