Hoxe é Xoves 19 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa en Trasmañó na ponte de decembro

festa trasmañó

A parroquia de San Vicente de Trasmañó celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Inmaculada. Unha celebración de inverno que inclúe actos relixiosos, música tradicional, verbena con Laura da Ola e para quecer o corpo chocolate con rosca para todos os asistentes.

A festa arrancará na tarde do sábado con misa ás 17:30 horas. Media hora despois celébrase o Serán da Inmaculada coa participación dos grupos de baile Anaquiños de Chapela, pandereteiras do círculo cultural de Chapela e o grupo de gaitas Froles Mareliñas da mesma parroquia, participarán tamén as pandereteiras Follas Verdes de Vilar e o grupo de gaitas Airiños de San Simón de Cesantes.

Ao día seguinte a xornada será máis madrugadora con tirada de bombas anunciando o día da patroa ás 9:30 horas. Haberá sesión vermú e concertos tamén con formacións tradicionais:  grupo de gaitas Aluarado de Vilar, pandereteiras Semente Nova de Chaplea, grupo de gaitas Son do Castro de Negros, grupo de baile Airiños de San Simón de Cesantes e o grupo de gaitas do círculo cultural de Chapela.

As tres da tarde haberá pasarrúas pola parroquia cos grupos de gaitas Tirapuxa de Trasmañó e os fillos da Pile de Cabeiro. A verbena que porá fin ás celebracións estará amenizada polo grupo Luara da Ola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará