Foto: Policía Local de Redondela
O Concello de Redondela iniciou a tramitación dun expediente para enviar ao desguace 5 vehículos que se atopan en estado de abandono en diferentes rúas do municipio. Logo de realizar diferentes trámites para tentar dar cos seus propietarios, ábrese agora un prazo dun mes para que os seus donos procedan a retirar este vehículos da vía pública, en caso contrario procederase a súa destrución.
Esta é a última oportunidade que os propietarios destes vehículos teñen para recuperar os seus cohces. Son un total de 5, un dos cales se atopa no depósito municipal mentres que o catro restante están estacionados en diferentes camiños parroquiais. Concretamente no camiño do Bosque e no Camiño da Costa en Chapela, o camiño da Igrexa Vella en Trasmañó e o Camiño Filgueiras en Cabanas.
Son vehículos de diferentes marcas e tamaños: un seat Ibiza, un Renault Clío, un Citröen C4, un clásico como o Volkswagen Bora ou un monovolume máis familiar como o Xaara Picasso.
O Concello inicia agora o expediente para envíalos ao desguace logo de que non se puidera localizar aos seus propietarios ou estes se desatenderán dos mesmos, malia ter contactado con eles.
O que teñen en común estes vehículos é o estado de abandono que presentan (rodas desinfladas, faros rotos, fiestras estragadas…) porque lembran dende a Policía Local que “non chega que un vehículo leve moitos meses estacionados no mesmo sitio, xa que en Redondela non hai ningunha normativa que estableza un tempo máximo ou un límite de tempo para ter o coche aparcado na mesma praza”. Para chegar a este punto é preciso que presente uns síntomas claros de estar abandonado e que non se teña localizado ao seu propietario ou que, tendo localizado, non teña atendido aos requirimentos municipais.
Agora teñen un prazo de 30 días naturais para que presenten alegacións ou ben procedan á retirada do citado vehículo da vía pública ou do Depósito Municipal do Concello de Redondela, logo de abonar as taxas que procedan. De non ser así, este procedemento rematará coa destrución do vehículo.
Unha resposta
A foto do coche que mostrades xa non está ahí posto que foi retirado por os munipales. o seu propietario falleceo,por iso me parece triste que mostredes mismo ese ,cando SA leva mais de 6 años fora de ahí que foi retirado por los municipales.cando tedes otros 4., que mostrar.por isi digo que me parece penoso e triste.por falta de respeto
hacia os familiares. Que seguro que de sobra sabes que falleceo.de ese vehículo os heredeiros un vive en Vigo e o outro en Madrid . tamen me fai gracia que
poñades que para retirar o vehículo teñan que pagar unas taxas.cando o coche está destrozado e seguro que levan anos os propietarios non van. Non van Air a por eles SA vos mismos decides que van a destruirse. E iso seguro que e o que quieren e así non teñen que pagar.