O Concello repartirá un total de catro mil calendarios co obxecto de que cheguen a todas as casas do municipio. O reparto contará coa colaboración de Papá Noel e do Apalpador. A veciñanza recibirá o calendario e unha lámina elaborada por Leandro Lamas por encargo do goberno na que aparece o Castelo de Soutomaior. Está tamén aberto o prazo para inscribirse no mercadiño de 2ª man que se celebra o 20 de decembro.
O goberno local elixiu ao pintor, ilustrador, actor e director teatral Leandro Lamas, cuxa obras de estilo naif está caracterizada polo emprego da cor para ilustrar o calendario municipal. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo quixo agradecer a colaboración e traballo realizado por Lamas, pola cesión das súas obras, e anunciou que o reparto comezará este xoves co obxecto de chegar a todas as casas do municipio.
Mercadiño segunda man
Dende o concello traballan xa no mercado de 2ª man que se vai desenvolver o venres 20 de decembro co obxecto de dar unha segunda vida a eses obxectos que xa non precisamos pero que poden ser de utilidade a outras persoas pro atoparse en bo estado de conservación.
Este mercado veciñal e solidario levarase a cabo o día 20 de decembro na carpa de Nadal instalada en Talo Río en horario de 17:30h – 22:00h. pero está xa aberto o prazo de inscrición para aquelas persoas que queiran participar vendendo ou intercambiando obxectos en bo estado. As Bases de participación poden atoparse na web do concello en www.soutomaior.gal
O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro xoves 12 de decembro de 2024.