Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado de artes convida a reflexionar sobre a corresponsabilidade

ies floriani

Mozos e mozas da especialidade de artes do IES Pedro Floriani veñen de participar nunha novidosa proposta promovida dende a Federación de Anpas de Redondela coa elaboración de varios audiovisuais nos que se reflexiona sobre o concepto da “corresponsablidade” e a revisión dos roles no fogar. O obxectivo é concienciar sobre a importancia de que todos os membros da familia participen nas tarefas domésticas e no coidado formando un verdadeiro equipo. Un dos traballo máis salientables foi a curta de animación de Sara Lago.

Compartir, cariño, axuda, colaboración… son algúns dos valores que este alumnado identificou á hora de analizar que significa para eles a corresponsabilidade. Un concepto que traballaron na aula tal e como nos explicaba Teo Rei

Teo Rei

A continuación chegou a hora de tentar converter esas ideas nun audiovisual para ser difundido a través de youtube e chegar así ao maior público posible. Uns traballos nos que estes mozos e mozas de Artes foron guionistas, directores, actores e actrices e montadores e que lles serve para achegarse a algunhas das materias do seu ciclo dun xeito práctico.

Silvia de la Iglesia e Úrsula Muras explícannos como entenderon en cada un dos seus equipos o concepto de corresponsabilidade e en que consistiu cada un dos seu vídeos

Silvia de la Iglesia
Úrsula Muras

Mención a parte merece o traballo de Sara Lago quen optou por unha curta de animación para trasladar a idea de como a falta de colaboración e o feito de que todo o traballo nun fogar recaia nunha única persoa vai “esmagando pouco a pouco a quen asume todas as tarefas”.

Un vídeo do que se sente orgullosa e detrás do cal hai un intenso traballo xa que foi necesario elaborar 172 imaxes “debuxadas unha por unha dixitalmente para dar idea de movemento á hora de montar unha curta que de un minuto e medio de duración”. A mensaxe final é que “Se estamos unidos todo é máis sinxelo”.

Sara Lago

A iniciativa está enmarcada dentro do programa Corresponsables da Xunta de Galicia para fomentar a corresponsabilidade no ámbito familiar.

Ademais da elaboración do vídeo protagonizado por alumnado deste instituto, a Federación de Anpas repartirá un total de 1600 imáns-pizarras nos centos educativos dos concellos de Redondela e Pazos dentro da iniciativa que, baixo o lema “porque as lavadoras tamén teñen dereito a ter varios xefes” busca promover a corresponsabilidade familiar.

Alumnos e alumnas do IES Pedro Floriani acompañados pola profesora Iria de Cáceres nas instalacións da Radio Municipal
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará