A Concellería inclúe esta iniciativa dentro do programa de reciclaxe que leva desenvolvendo nos últimos anos. Persegue co reparto de composteiras o aproveitamento dos residuos orgánicos para a elaboración de abono de calidade.
A Concellaría de Medio Ambiente retomou onte luns dentro do programa de reciclaxe que leva desenvolvendo durante os últimos anos un novo periodo de reparto de composteiras. Así, atendendo á grande demanda que tivo en anteriores campañas, repartiranse novamente composteiras a aquelas persoas que o tiveran solicitado con anterioridade. Abriuse ademais unha nova quenda para realizar as novas solicitudes. As persoas interesadas deberán dirixirse ao departamento de Medio Ambiente do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. No que vai de campaña xa se repartiron un total de 500 composteiras, uns recipientes que serven para botar o lixo orgánico e facer compost. O único requisito para poder acceder as composteira de xeito gratuíto é estar empadroado nunha vivendas que conte con leira.