Foto do gañador, Eduardo Pena
O Círculo Cultural Recreativo de Chapela celebrou o Open Autonómico de Billar a 3 bandas, un evento que comezou o 25 de novembro e que finalizou o 7 de decembro.
52 xogadores de clubs de toda Galicia participaron neste torneo, con representantes de localidades como Pontevedra, Viveiro, Chantada, Lalín, entre outras. O campionato constou de 4 roldas, cos oitavos de final xogados o 6 de decembro. Ao día seguinte, 7 de decembro, disputáronse os cuartos, semifinais e a gran final, onde os dous clubs que chegaron invictos enfrontáronse polo título.
Nos cuartos de final, o único representante local, Javier Pérez, foi eliminado tras perder contra Eduardo Pena do Viveiro Club de Billar, quedando na sétima posición, o mellor resultado entre os xogadores locais. Pena, pola súa banda, coroouse campión do torneo por segundo ano consecutivo, tras vencer na final a Manuel Suárez do Círculo Artesáns da Coruña.
Ademais do gañador, destacan seis billaristas do club redondelán nos 25 primeiros postos, trátase de: Francisco Javier Pérez (7º), Rogelio Jerónimo Fortes (12º), Fernando Davila (14º), Jose Manuel Lis (23º), Jose Manuel Davila (24º) e Adrián Davila (25º).
O Billar a tres bandas é un deporte espectacular, no que o gañador é quen realiza máis carambolas durante a partida. A entrada ao evento foi libre, e o Círculo Cultural Recreativo de Chapela convidou a todos os interesados a achegarse ás súas instalacións, situadas na Avda de Vigo nº 218 en Chapela.
O Club de Billar de Chapela agradece a colaboración do Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra e o Círculo Cultural Recreativo de Chapela, cuxo apoio foi fundamental para a organización deste torneo.