Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de empresarios impulsa un programa de inserción laboral para 100 mulleres desempregadas

programa emprego

Un programa que inclúe orientación, formación en novas tecnoloxías e idiomas, prácticas profesionais en empresas e nocións de emprendemento. As mulleres interesadas deben inscribirse a través do teléfono 986404012 ou na web da asociación. O prazo remata este xoves 12 de decembro.

A finalidade desta iniciativa, que inclúe numerosas accións de formación e asesoramento, é posibilitar a integración laboral das mulleres participantes. Son máis de 600 horas de formación -tanto presencial como online- para facilitar que as inscritas poidan continuar o curso incluso no caso de que atopen algún traballo antes do seu remate.

Julia Alonso, técnica da Asociación de Empresarios

O curso inclúe actividades como adestramento en novas tecnoloxías, aprendizaxe de idiomas e emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego ademais de prácticas profesionais en empresas.

Unha formación na que se prestará especial atención ao sector turístico polo que as participantes recibirán preparación neste sentido, un novo mercado de traballo que cada día está cambiando e medrando e que está cheo de oportunidades de negocio.

Un programa integral que ten como obxectivo último a inserción laboral que se adaptará a cada un dos perfiles participantes e que Julia Alonso, dende a Asociación de empresarios, valora como “unha oportunidade extraordinaria para minorizar a fenda existente entre emprego feminino e masculino no noso concello”.

Poden participar veciñas de Redondela, Pazos, Soutomaior, Fornelos de Montes, Moaña, Vilaboa e Vigo previa inscrición ben a través do teléfono 986 404012 ou no enderezo www.empresasredondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará