Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela agasalla aos seus oíntes con entradas gratuítas aos concertos en San Simón

RR_Noticias

Unha promoción que esta emisora pon en marcha en colaboración coa Fundación Illa de San Simón encargada de xestionar as actividades que se programan neste espacio. Os interesados en facerse cunha das cinco entradas dobres para acudir ao concerto de Dona Rosa o vindeiro sábado deben chamar ao teléfono da Radio Municipal de Redondela 986 40 81 39  

A radio municipal de Redondela agasalla aos seus oíntes con entradas dobres para asistir aos concertos que durante todo o mes de outubro se van desenvolver na illa de San Simón.
Así, as persoas interesadas en achegarse ao concerto que ofrecerá este sábado a fadista Dona Rosa, poden facerse con dúas entradas gratuítas chamando ao teléfono da emisora 986 40 81 39.
As primeiras cinco persoas en chamar poderán acceder de xeito completamente gratuíto ao barco que o sábado trasladará ao público dende o peirao de Cesantes a San Simón con saída ás 17:45 e as 18:30 horas e regreso unha vez finalice o concerto.
A cantante portuguesa Dona Rosa interpreta fados e cancións tradicionais do seu país e toca tamén o triángulo. Posuidora dun timbre peculiar e unha voz aguda, a intensidade do seu canto é acompañada en directo polo acordeón, a guitarra portuguesa e as percusións. Seguindo a liña marcada pola gran Amalia Rodríguez, Dona Rosa súmase á lista das grandes mulleres da canción de Portugal: Cristina Branco, Misia, Mariza, Dulce Pontes ou natalia Doa Anjos entre outras.
Un concerto ao que seguirán as actuación do Ensemble Oni Wytars, a Cecchina e a Banda de Josephine Foster e Víctor Herrero.. Gurpos non moi coñecidos pero non por iso carentes de interese e ademais unha forma diferente de achegarse á illa. As netradas tamén se pdoen adquirir a un prezo de 10 euros a través do serfvizo de compra on-line Servinova.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará