A Asociación Lenda organiza esta proxección ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Participarán no acto o xornalista e crítico de cine, Xosé Xesteira e a psiquiatra Dra. De las Heras.
A asociación Lenda conmemora hoxe o día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Benestar emocional para unha saúde xeral”. Para lembrarlle á sociedade a existencia das enfermidades mentais proxectarán ás 20:00 horas no multiusos da Xunqueira o documental “Solo” que revela as experiencia do seu director Vicente Rubio e onde nos ofrece unha visión da loucura dende dentro.
A continuación intervirá o xornalista e crítico de cine Xosé Xesteira e a médico psiquiatra Dra.. De las Heras da Unidade de Saúde mental de A Dobrada.
Un acto aberto a toda a cidadanía esta tarde ás 20:00 horas.
Durante a mañá do venres realizarán un segundo acto sacando á rúa ás súas preocupacións coa instalacións dunhas mesas nos soportais do Concello e o reparto do manifesto elaborado co gallo do Día mundial da Saúde Mental.