Durante tres venres consecutivos o público poderá achegarse á música de cámara de xeito gratuíto. A primeira das actuacións o día 8 ás 20:00 horas correrá a cargo do cuarteto feminino vigués Lulavai
Dende a Concellería de Cultura propóñense como obxectivo nesta nova edición incrementar o número de asistentes xa que os concertos de música clásica continúan a ter un éxito limitado entre o público. Por este motivo ofrecen un programa variado e sorprendente que arrancará coa actuación o venres día 8 do grupo Lulavai. Catro mozas viguesas cuxa andaina musical arrancou na Escola de Artes e Oficios onde se coñeceron Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e Elena Paz quen a finais do 2007 deciden crear “Lulavai”, un novo proxecto no que a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con son propio temas tradicionais e de composición. As actuacións, que continuarán o venres 15 e 22 de outubro serán as 20:00 horas no multiusos da Xunqueira con entrada de balde. Pasarán polo escenario os Cantantes de Música Lírica e para pechar o festival a Concellería propón un espectáculo diferente a cargo de Viravolta títeres que leva por título Historia do soldado e que nos propón achegarnos a un espectáculos de sombras con música en directo.