Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios reclama ao concello que paralice a suba do lixo aprobada en pleno

lixo 2

O colectivo empresarial presentou unha alegación contra a suba das taxas da recollida do lixo aprobada por PSOE, AER e BNG por entender que incumpre diferentes normativas e vulnera os principios de igualdade e capacidade contributiva dos diferentes negocios. Salientan, entre outras cuestións, que non se contempla “un pago por xeración de residuos” e se aplican tarifas en base aos metros cadrados dos establecementos independentemente do lixo que producen “con incrementos que nalgúns casos superan o 1.000%”.

Na súa reclamación, a Asociación recolle que as administracións  locais deben aplicar tarifas específicas en relación coa xeración de residuos de cada establecemento, cuestión que non se ten en conta nesta modificación da taxa do lixo. Tamén cuestionan o impacto sobre as actividades e poñen como exemplo que restaurantes e cafeterías poden estar nunha pinza de entre o 150% e o 250%, o comercio presenta un rango ente o 45,70% e o 700% e actividades como academias  de  ensino poderían chegar a unha subida próxima ao 900%, sen ter en conta en ningún caso o lixo que producen.

Os  centros  residenciais  vense  afectados en maior medida pola subida canto menor é o seu  tamaño, así unha residencia de menos de 25 prazas podería sufrir unha suba de case o 1.000%. 

Chaman tamén a atención sobre outras cuestións como que as taxas varían significativamente por  razón dun só metro cadrado de superficie comercial. Poñen como exemplo que “un centro de  ensinanza cunha superficie de 100m2 pagaría 287,03€ mentres un local de 101m2 pagaría 634,04€,  e dicir, máis de dúas veces o importe por tan só un metro cadrado máis.

Na súa alegación recollen tamén que a ordenanza non ten en consideración a singularidade das  empresas obrigadas a contratar servizos privados para a xestión de residuos, empresas que malia estaren obrigadas por normativa sectorial a contratar dito servizo de xestión de residuos, terían que pagar unha taxa adicional por un servizo que non emprega “o que resulta inxusto e desproporcionado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará