O Club Kick Boxing Arcade acadou un gran éxito no Campionato Nacional de Clubs, que se celebrou en Torremolinos (Málaga) do 29 de novembro ao 1 de decembro. Un total de 17 deportistas do club participaron nesta importante cita, que contou cunha participación de máis de 800 competidores de toda España, distribuídos en 69 clubs ou sociedades.
O evento, que se desenvolveu no Palacio San Miguel, foi a Copa de España de Clubs de Kickboxing e Parakickboxing na modalidade de Tatami Sport. Esta competición é unha das máis relevantes no calendario nacional, e os atletas do Club Kick Boxing Arcade souberon deixar a súa marca.
Os resultados foron impresionantes, xa que o club acadou un total de 9 medallas de ouro, 8 de prata e 12 de bronce, o que permitiu que se clasificaran como o 2º mellor club entre os 69 participantes. É importante destacar que o primeiro posto foi acadado por unha selección das Illas Baleares, composta por varios clubs.
Infantil:
- Luca Bouzón Collazo: Light Contact – Bronce
Cadete Menor:
- Alex Cabaleiro Vidal: Point Fight – Ouro, Light Contact – Bronce
- Izan Bouzón Collazo: Point Fight – Prata
- Hugo Romero Rodríguez: Point Fight – Bronce, Light Contact – Prata
- Martín Figueroa Lourido: Point Fight – Prata, Light Contact – Ouro
- Anxo Martínez Núñez: Light Contact – Bronce
Cadete Maior:
- Mencía Díaz Taboada: Point Fight – Ouro, Light Contact – Bronce
- Lidia Leiro López: Point Fight – Bronce, Light Contact – Bronce
- Ismael Villanueva: Point Fight – Prata, Light Contact – Bronce
Junior:
- Gabriel Romero Rodríguez: Point Fight – Prata
- Mia Sofía Omar O’Neill: Point Fight – Prata, Light Contact – Bronce
- Gael Vidal Rodríguez: Point Fight – Ouro, Light Contact – Ouro
Senior:
- Adrián Sabajanes Soto: Point Fight – Ouro
- Anxo Vidal Rodríguez: Kick Light – Ouro
- Álvaro Pardo Andrade: Point Fight – Prata, Light Contact – Bronce
- Naiara Peñas Fernández: Point Fight – Prata
Este éxito se suma aos logros acadados durante a tempada, na que o club xa rexistraba 77 medallas de ouro nos campionatos galegos, nacionais e internacionais celebrados de xaneiro a xullo de 2024. A súa posición como mellor club galego queda reafirmada, sendo o que máis medallas aporta á Selección Galega. Con estas novas 9 medallas de ouro, o total de medallas de ouro alcanza as 86.
Por outra banda, este domingo celébrase a III Gala Olimpic Fight Ciudad de Melilla onde participará Anxo Vidal. O deportista destaca por un impresionante palmarés que o consolida como un dos mellores púxiles na súa categoría a nivel mundial. Recentemente conseguiu o subcampionato do mundo en light contact (-57 kg) e unha medalla de bronce en kick light (-57 kg) no Campionato do Mundo de Portugal 2023, logros que lle permiten manterse no número 1 do ranking mundial en kick light. Ademais, conta cun ouro no Mundial de Savate en 2021, o subcampionato de Europa en light contact en Turquía e dous ouros no campionato Top Ten de 2022 contra Gales e Noruega, así como múltiples títulos a nivel estatal, como o de campión de España en kick light.
Nesta competición en Melilla estarán deportistas nacionais e de Marrocos, Colombia, Mauritania, Francia e Bélxica, en combates de Kickboxing, Muay Thai e K-1 e a cita está marcada polo enfrontamento entre o campión mundial Anxo Vidal e o catalán Eric Campoy polo título nacional neoprofesional de 58 quilos. Este é un paso moi importante para Vidal que desta forma profesionalízase na súa disciplina e continúa o camiño dunha carreira de éxito.