Aprender inglés, galego e castelán a un tempo é o obxectivo que persegue o obradoiro trilingüe que esta tarde arranca na biblioteca de Arcade. Orientados a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos os interesados deben inscribirse no teléfono 986 700 291.
Por quinto ano consecutivo rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos achegaranse aos tres idiomas dun xeito lúdico e ameno. Con todo adquirir a riqueza idiomática e léxica nos tres idiomas non é a única meta do curso xa que tamén se lles achegará aos cativos coñecemento de cultura xeral, arte, literatura e música e se culminará cada sesión con actividades creativas de escritura, manualidades, arte con plastilina, pintura ou debuxo.
A participación é gratuíta pero o número de prazas limitado, polo que se convida aos pais e nais interesados que formalicen as inscricións canto antes na propia Biblioteca na rúa Illas Alvedosas de Arcade ou no teléfono 986 700 291.
As clases impartiranse todos os venres pola tarde en dúas sesións, unha de 16:30 a 17:30 e outras de seis a sete da tarde.