Un ano máis chega á Biblioteca Municipal a programación do Nadal Total organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso. As actividades desenvolveranse na sala infantil da biblioteca de Redondela e contarán coa contadora Olga Cuervo e a ilustradora Chus Rojo.
Os contacontos desenvolveranse o mércores 18 e o venres 20. Dúas sesión ás seis da tarde nas que Olga Cuervo achegará aos asistentes, nenos e nenas a partir de 3 anos, o seu “Contos de amor polo Nadal” on entrada de balde ata completar o aforo.
No mesmo espazo este xoves 19 en horario de 17:30 a 19:00 horas impartirase un taller de postais de Nadal a cargo da ilustradora Chus Rojo. Orientado a rapazada de 5 a 8 anos compre inscrición previa na biblioteca a través do teléfono 986401561.
Contacontos en Chapela
Na Biblioteca de Chapela a cita será con Lía, unha usuaria da propia biblioteca que será a encargada de animar a grandes e cativos coa súa proposta “Contando no Nadal”. Será este martes 17 ás 18:30 horas orientado a rapazada a partir dos 3 anos. Tamén é preciso inscribirse no teléfono 986 454226.