Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión en Pazos de Borbén para abordar os atrasos no inicio das obras de mellora na EP-2702

ep-2702

O Concello de Pazos de Borbén convoca á veciñanza a unha reunión que terá lugar este luns 16 ás 19:30  no salón de actos da casa consistorial para abordar os avances en torno a actuación prevista nun dos tramos da estrada que comunica o alto dos Valos con Amoedo así como posibles medidas a adoptar ante o atraso no inicio das obras comprometidas pola Deputación.

Dous meses despois da sinatura do convenio entre o Concello de Pazos e a Deputación para desbloquear as obras do primeiro tramo da EP-2702 as obras seguen sen iniciarse. De feito, dende a Plataforma pola mellora da vía continúan coas mobilizacións para reclamar tanto o arranxo do tramo da estrada xa comprometida polo organismo provincial como o inicio das negociacións de cara a establecer a mellora da vía nos seguintes tramos.

Os integrantes da Plataforma amosan a súa decepción ante unha obra que non arranca. Malia que dende a Deputación comprometesen iniciar os traballos en canto se asinase o convenio co Concello de Pazos, unha vez resolto ese trámite a situación continúa sen avances. Representantes veciñais e políticos lamentan tamén que a día de hoxe non existan “nin prazos nin datas de inicio das obras”.

Mentres os veciños e veciñas continúan saíndo a rúa a demandar unha obra que entenden é imprescindible para garantir a seguridade dos usuarios desta estrada que comunica Redondela dende o Altos dos Valos con Amoedo en Pazos de Borbén e o concello convoca para estar tarde unha xuntanza na que se abordarán que pasos dar de cara ao futuro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará