A solicitude chegou ao consello parroquial da man da Asociación cultural de Chapela e foi aprobada polos integrantes deste órgano consultivo. O obxectivo é recuperar no Multiúsos do Piñeiral un espazo de uso común que xa funcionara no pasado pero que fora acondicionada de forma provisional como oficinas de servizos sociais. Os colectivos critican que non fora devolta ao seu estado orixinal malia existir ese compromiso por parte do goberno local.
A Asociación cultural de Chapela é a promotora desta demanda que foi aprobada no Consello parroquial. Reclaman así, a través deste organismo consultivo, que se recupere un aula no Multiúsos do Piñeiral que sexa de uso común para os colectivos que funcionan na parroquia. Lembran que xa era así no pasado, ata que este espazo foi ocupado polos Sevizos sociais mentres se acometían obras nas súas oficinas.
Lamentan que “malia o compromiso da alcaldesa de recuperar este uso unha vez finalizadas esas obras, tres anos despois dito compromiso sega sen cumprirse”.
Lembran que a falta de espazos na parroquia é unha vella demanda de diferentes colectivos sociais e que a decisión por parte do concello de cambiar o uso de dita aula agravou aínda mais esta situación.
Desde a asociación cultural de Chapela confían que o concello atenda “unha demanda apoiada maioritariamente no consello parroquial”.