A Concellaría de Normalización Lingüística ten en marcha un concurso de carteis que servirá de soporte publicitario para a difusión da campaña de promoción do uso do galego no ámbito deportivo.
As persoas interesadas en participar deberán presentar os seus traballos antes do 15 de outubro no Servizo de Normalización lingüística do Concello Os orixinais que se presenten deberán incluír, obrigatoriamente o lema da campaña “Xoga e fálao, da mañá a noite” así como os textos Concellaría de Normalización Lingüística, Concello de Redondela e a imaxe do escudo. Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais, inéditos e non premiados anteriormente e o cartel gañador, ademais de servir de imaxe á campaña de Normalización será galardoado cun premio de 300 euros. Esta campaña de normalización lingüística, que se dará a coñecer no vindeiro mes de novembro, pretende sensibilizar e animar a poboación redondelá a utilizar a nosa lingua nas actividades deportivas, parte esencial do noso tempo de lecer. Para iso potenciará as actividades que utilicen a lingua galega e colaborará con aquelas institucións, asociacións e clubs deportivos que utilicen habitualmente a lingua galega ou que promovan o seu uso como lingua preferente. Pódese consultar máis información no blog do Servizo de Normalización Lingüística