O SAR OPMobility acadou unha importante vitoria por 35-30 sobre o Tapearía-Bar Siglo XXI Balonman Loriga, consolidándose na terceira posición da súa categoría. Pola súa banda, o Balonmán Chapela 1 tamén sumou unha valiosa vitoria ante o Pavimentos Rías Baixas Bueu Atl Balonman (25-35), situándose na cuarta praza.
SAR OPmobility – TAPERIA-BAR SIGLO XXI BALONMAN LORIGA (35-30)
A SAR OPmobility despide o 2024 cunha vitoria traballada ante un Balonmán Loriga que non puxo as cousas fáciles. Desde o inicio, o partido xogouse a un ritmo moi rápido, o que esixiu un gran esforzo físico por parte de ambos os equipos. A primeira metade foi de máxima igualdade, con intercambios constantes no marcador que levaron ao 18-18 ao descanso. Na segunda parte, a SAR OP Mobility conseguiu manter ese ritmo frenético, o que terminou por marcar a diferenza. Aos poucos, lograron despegarse no marcador, aproveitando o desgaste do rival e mostrando máis solidez nos momentos clave.
A vitoria permitiu que os xogadores se manteñan na loita por seguir ascendendo, e o equipo seguirá traballando duro para alcanzar os seus obxectivos. A próxima xornada será o 12 de xaneiro de 2025, cando visiten ao Grove Paraíso Rasoeiro BM nun encontro que se prevé moi disputado.
PAVIMENTOS RÍAS BAIXAS BUEU ATL BALONMAN – BALONMAN CHAPELA 1 (25-35)
O Balonmán Chapela 1 tamén sumou unha vitoria valiosa ao derrotar ao Pavimentos Rías Baixas Bueu Atl Balonman por 25-35. Esta vitoria permite ao equipo situarse na cuarta posición da táboa, sumando dous puntos máis na súa conta.
O equipo de Chapela segue amosando un xogo moi sólido e boas sensacións dentro do vestiario. A próxima fin de semana, o equipo de Chapela descansará, pero retomarase a competición o 12 de xaneiro cando reciban ao UB Lavadores Vigo, nun partido clave para seguir subindo na clasificación.
Ambos os equipos continúan a súa loita para alcanzar as mellores posicións posibles, con pouca diferenza en puntos nesta primeira volta.