Inglés, aulas de apoio e obradoiros variados para atender ás demandas dos máis novos do Concello. Xuventude prepara xa a Noite de Samai que este ano se desenvolverá no Castelo de Soutomaior.
A Concellería de xuventude de Soutomaior oferta novas actividades no cuarto trimestre do ano. Así ten aberto o prazo de inscrición en obradoiros orientados a mellorar o éxito escolar entre o alumando de primaria e secundaria. Unas cursos nos que os rapaces aprenderán técnicas de estudio e hábitos de organización así como métodos para controlar o estres antes os exames, cualidades que lles servirán para mellorar no seu rendemento escolar. Se o obxectivo dos rapaces é mellorar as posibilidades comunicativas en inglés poden achegarse ás clases de conversa no idioma anglosaxón que se impartirán a partir do 20 de outubro No ámbito máis lúdico está aberto tamén o prazo de inscrición nas actividades que se van desenvolver no Castelo de Soutomaior co gallo da celebración da noite de Samaín o 30 de outubro. Durante todo o día desenvolverase un programa que inclúe un curso de elaboración de chulas e biscoito de cabaza, obradoiros de talla e maquillaxe e unha visita á casa do terror Para inscribirse poden achegarse ao Multiusos de Arcade ou ben no teléfono 986 700 822.