Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior acolle un xogo de escapismo e espectáculos de videomapping no Nadal

videomapping

O xogo, para o que saen á venda as entradas este xoves 19 de decembro, terá lugar os días 26 e 27 de decembro e o 2, 3, 4, 11 e 12 de xaneiro, e o vídeomapping na Torre da Homenaxe arrancará o 21 de decembro. As actividades forman parte do programa “O Noso Nadal” da Deputación de Pontevedra-

O xogo de escapismo celebrarase os días 26 e 27 de decembro  e 2, 3, 4, 11 e 12 de xaneiro con pases ás 11:00, 12:00, 16:00, 17:00 e 18:00horas e as entradas poderán adquirirse desde este xoves un prezo de 8 euros na web do Castelo de Soutomaior. A actividade, pensada para toda a familia, lévanos de volta ao século XV, co comezo do asalto ao Castelo de Soutomaior e coas Revoltas Irmandiñas a piques de entrar. Os e as participantes terán só 60 minutos para evitalo e, para facelo, terán que demostrar as súas habilidades de resolución de enigmas mentres exploran os recunchos máis segredos do castelo.

Por outra banda, o 21 de decembro volve o videomapping, que se estreou o pasado ano con grande éxito. Será un espectáculo gratuíto de imaxes e efectos visuais proxectado na Torre da Homenaxe do Castelo. As proxeccións realizaranse todos os días, exceptuando o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, desde as 19:00 ás 20:30 horas, de maneira continuada cada media hora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará