Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Enrique Lago: “Moitos empresarios e comerciantes levarán as mans a cabeza cando lles chegue o próximo recibo do lixo”

enrique lago

O goberno local rexeitará hoxe en pleno extraordinario (20:00 horas no Multiúsos) as alegacións presentadas contra a nova taxa de recollida do lixo, trámite previo a súa aprobación definitiva. Unha das alegacións presentadas chegou dende a Asociación de Empresarios quen insisten en que non ten sentido un incremento do lixo en base ao tamaño en metros cadrados do establecemento comercial e non atendendo a cantidade de residuos que xera cada negocio. Critican un “incremento brutal” que moitos negocios padecerán no próximo recibo do lixo.
Na súa reclamación, a Asociación recolle que as administracións locais deben aplicar tarifas específicas en relación coa xeración de residuos de cada establecemento, cuestión que non se ten en conta nesta modificación da taxa do lixo. Poñen como exemplo a súa sede “imos pasar de pagar 145 euros a pagar 636 euros por superar os cen metros cadrados. Un incremento que se pode aplicar a moitos negocios comerciais de Redondela” segundo explica o presidente do colectivo, Enrique Lago.

O impacto sobre diferentes actividades depende do sector: restaurantes e cafeterías poden estar nunha pinza de entre o 150% e o 250%, o comercio presenta un rango ente o 45,70% e o 700% e actividades como academias de ensino poderían chegar a unha subida próxima ao 900%, sen ter en conta en ningún caso o lixo que producen.

Lamentan un “incremento brutal” cando este tipo de subas deben ser escalonadas durante varios anos e apuntan que detrás desta modificación do lixo estaría “a situacións económica do concello”.

Lago critica tamén que dende o Concello convoquen o pleno extraordinario de hoxe “para rexeitar unhas alegacións que non chegaron a contestar” e adianta que moitos negocios non son conscientes da suba que lles vai supoñer a nova ordenanza “será a partir do verán cando lles comecen a chegar os recibos coa nova taxa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará