Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha exposición recolle a historia do Grupo Folclórico de Redondela

RR_Noticias

Sete anos de vivencias intensas tal e como lembran os seus compoñentes, homes e mulleres de Redondela que con tan só vinte e tantos anos viviron a experiencia de actuar na primeira edición do festival da OTI baixo a dirección de Wenceslao Cabezas de Toro “Polo”.

O Multiusos da Xunqueira acolle dende o vindeiro sábado 16 e ata mediados de novembro unha exposición na que se fai un percorrido pola historia do grupo folclórico de Redondela. Unha formación que viviu os seus anos de gloria dende o ano 1969 ata o 1976, un período de sete anos que a través de imaxes, documentación escrita e un vídeo elaborado por Fernando Cuchi Carrreira centran a atención na mostra que se inaugurará o sábado ás 20:00 horas. Un grupo formado por mulleres e homes pioneiros no baile galego local e que contan no seu haber con recoñecementos tales como ter gañado en varias ocasión o Festival Rexional de Coros e Danzas ou prestixiar o nome de Redondela ante millóns de persoas ao chegar a actuar na OTI, o festival iberoamericano da canción. As circunstancias fixeron tamén que durante un período foran os encargados de bailar a danza das espadas nas Festas do Corpus, un feito completamente excepcional xa que por primeira e última vez entre os danzantes había tamén mulleres. Na inauguración do sábado  haberá ademais unha sentida homenaxe ao que fora o mestre do grupo Wenceslao Cabezas de Toro “Polo”. A mostra completase coa exhibición de numerosos traxes que luciran os membros do grupo folclórico, trofeos, condecoracións e ampliación fotográficas.

Gerardo Perez
Un dos grandes momentos do grupo foi o seu paso polo festival da OTI
Marivina Reboredo
Unha homenaxe a "Polo"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará