As persoas que participaron tanto no cursos de memoria e risoterapia como nas clases de Tai chi recibiron na xornada de onte os diplomas correspondentes nun acto que se desenvolveu no Multiúsos da Xunqueira
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira Iria Vilaboa, agradeceron a todo o alumnado a súa participación nestes obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”. No acto participou tamén Pilar Martínez, quen ata o pasado mes de outubro era a responsable municipal desta área. A alcaldesa incidiu na importancia de que estas clases se impartan non só nos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, senón tamén nas demais parroquias do municipios “para que todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos e teñan a oportunidade de participar nas actividades sen ter que desprazarse”. Estas actividades son de balde, para que todo o que o desexe poida asistir, independentemente da súa situación económica.
Con respecto ao ano pasado incrementouse o número de participantes, con máis grupos en todas as parroquias do municipio. Nos cursos de Memoria e Risoterapia participaron preto de 250 persoas en 14 grupos repartidos por todas as parroquias do municipio. No caso de Tai Chi son máis de 350 os alumnos e alumnas que asisten ás clases.