Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollidas solidarias en Chapela: xoguetes para nenos e nenas e alimentos para animais

recogida xoguetes

O Círculo recreativo de Chapela ten en marcha ata o vindeiro 22 de decembro dúas iniciativas solidarias que buscan por unha banda recoller xoguetes que serán entregados a dúas asociacións que se encargará de facerllas chegar a nenos e nenas. Tamén recollen alimentos para animais para axudar a protectora de Tui. Por outra banda teñen en marcha un campamento de Nadla que se desenvolverá do 23 de decembro ao 3 de xaneiro.

Os xoguetes recollidos serán entregados ás asociacións Amigos Moteiros e Sonrisas e renos que serán os encargados de facerllos chegar a nenos e nenas. Tamén colaboran activamente coa protectora Aloia de Tui cunha recollida de alimentos para animais como latas de comida para cans, snacks, salchichas ou penso.

Emilio Sánchez Santorio, Círculo recreativo

Por outra banda está aberto o prazo de inscrición para o campamento de Nadal que se desenvolverá de 23 decembro ao 3 de xaneiro. O obxectivo é facilitar a conciliación laboral e familiar e ofrecer aos cativos, nenos e nenas de entre 3 e 12 anos un espazo no que gozar de diferentes actividades dende as nove da mañá ata as 14:00 horas. Entre as actividades previstas nas que participaran os rapaces está a cabalgata real, busca do tesouro, xincanas, festa fin de anos e obradoiros variados. O prezo é de 90 euros o campamento completo para os socios (110 os non socios) e posibilidade de asistir días soltos cun prezo de 14 euros socios e 26 os non socios. A inscrición pode realizarse no teléfono 680 13 07 05.

Un Círculo que continúa co seu programa Un mar de historia e que este venres a partir das 17:00 horas, contaran coa visita de Enrique Paredes e Manolo Solla, do Clube de persoas xubiladas de Domaio, quen levarán a cabo un Coloquio con todas aquelas persoas que queiran achegarse á cantina da entidade para lembrar como se trasladaban as persoas entre as beiras da ría antes da ponte de Rande, así como as historias dunha época e as súas anécdotas. As persoas asistentes poderán tamén gozar da exposición gráfica de embarcacións tradicionais galegas, colgada na cantina do local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará