Hoxe é Martes 24 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Bibliotecas pechan as súas portas polo Nadal

biblio

Os usuarios das bibliotecas de Redondela e Chapela terán que esperar ao ano que vén para regresar a estas instalacións. Este servizo non estará operativo nas vindeiras datas. No caso da Biblioteca Valle Inclán no Multiúsos da Xunqueira permanecerá pechada dende hoxe día 23 e ata o vindeiro día 2 de xaneiro. A biblioteca Xela Arias en Chapela tamén terá as súas portas pechadas, neste caso ata o 7 de xaneiro.

Precisamente á volta do Nadal remata o prazo para que aqueles usuarios e usuarias que se animaron a participar no reto lector entreguen os seus pasaportes que acrediten que ao longo deste 2024 foron quen de realizar todas as lecturas esixidas. Unha iniciativa que busca que os lectores se acheguen a todo tipo de xéneros deixando de lado a súa zona de confort.

Neste edición os temas propostos eran do máis variado: historias con aire exótico, lecturas con visión feminista, títulos onde a natureza fora protagonista, historias protagonizadas por artistas, pintores, escritores ou persoas do mundo da literatura, propostas de terror, novelas históricas e para finalizar o ano, non podía ser doutro xeito, textos ambientados nesta época sobre tradicións do Nadal ou o seu significado cultural ou relixioso.

Un servizo que despedía o ano a pasada semana cunha programación organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso con contacontos a cargo de Olga Cuervo e un obradoiro de postais de Nadal con Chus Rojo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará