Hoxe é Martes 24 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mercado de Nadal e inchables en Talo Río

mercado nadal souto

O Concello de Soutomaior propón unha tarde de actividades para Vivir o Nadal este luns 23 cun mercado con produtos variados que estará aberto ata as 20:30 horas. Haberá tamén propostas pensadas para os máis  cativos con inchables e obradoiros a partir das 16:30 horas.

Na carpa instalada en Talo Río continúa hoxe e mañá o mercado de Nadal con 20 postos con artesanía local, complementos, decoración, moda e beleza, alimentación, servizos e moito comercio local, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Empresarios de Arcade.

E para animar aos máis cativos haberá tamén inchables cun futbolín humano, tobogáns, Castelo de bolas, rocódromo e obradoiro de tatuaxes música e baile.

Un espazo no que tamén se desenvolven actividades de igualdade no punto “Agresión off: eu digo non á violencia sexual con diferentes propostas orientadas a público xuvenil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará