Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica as obras de A Marisma e alerta do perigo de atravesar a nova ponte do Pexegueiro

RR_Noticias

O concelleiro Cándido Vilaboa denuncia que a zona da Marisma e a súa contorna “anéganse sen control algún e o lixo invade o río Pexegueiro que ao crecer o caudal dificulta o paso pola nova ponte”.
 

As pasadas choivas supuxeron, segundo os populares un acrecentamento do estado de “absoluto deterioro” no que se atopa a zona de A marisma e a súa contorna. “Un lugar sucio, con maleza, moi descoidado, no cal o lixo sube pola canle do río, as algas podrecen nas ribeiras e as botellas e plásticos inundan a zona” así o define o concelleiro do PP Cándido Vilaboa.
Como exemplo de todo isto explica que na zona do paseo do río Pexegueiro, á altura da gardería municipal, atópase unha saída dunha tubaxe, “que de primeiras non parece ter ningunha utilidade pero no momento de chover forte compróbase que funciona como desaugadoiro da zona que comunica o ximnasio coa gardería, anegando todo o paseo e cunha nova canle directa ao río” Afirma o popular que esta situación é consecuencia “das improvisacións coas que traballan a diario dende o Concello”, xa que se investiron milleiros de euros que non serviron para acondicionar axeitadamente o lugar.
A maiores e segundo engade Vilaboa “nalgunhas zonas o paseo quedou tan baixo que cando sube a marea e as augas baixan máis abundantes cruzar a nova ponte de pedra que atravesa o río Pexegueiro, á altura da gardería, supón un perigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará