A Asociación de empresarios amplía o prazo para se inscribir nun programa de inserción laboral que inclúe orientación, formación en novas tecnoloxías e idiomas, prácticas profesionais en empresas e nocións de emprendemento. As mulleres interesadas deben inscribirse a través do teléfono 986404012 ou na web da asociación. O prazo vén de ampliarse ata o 10 de xaneiro co obxectivo de cubrir as cen prazas ofertadas.
A finalidade desta iniciativa, que inclúe numerosas accións de formación e asesoramento, é posibilitar a integración laboral das mulleres participantes. Son máis de 600 horas de formación -tanto presencial como online- para facilitar que as inscritas poidan continuar o curso incluso no caso de que atopen algún traballo antes do seu remate.
O curso inclúe actividades como adestramento en novas tecnoloxías, aprendizaxe de idiomas e emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego ademais de prácticas profesionais en empresas.
Unha formación na que se prestará especial atención ao sector turístico polo que as participantes recibirán preparación neste sentido, un novo mercado de traballo que cada día está cambiando e medrando e que está cheo de oportunidades de negocio.
Poden participar veciñas de Redondela, Pazos, Soutomaior, Fornelos de Montes, Moaña, Vilaboa e Vigo previa inscrición ben a través do teléfono 986 404012 ou no enderezo www.empresasredondela.gal.