Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela reparte dez entradas dobres para os concertos da fin de semana en San Simón

RR_Noticias

As persoas interesadas en achegarse á actuación do grupo Ensemble Oni Wytars o sábado ás sete da tarde ou á actuación de La Cecchina o domingo poden facerse cunha entrada gratuíta para dúas persoas chamando ao teléfono da Radio Municipal, 986 40 8139.

A illa de San Simón acollerá esta fin de semana dous novos concertos enmarcados dentro do ciclo Espazos Sonoros. O primeiro dos concertos será o sábado ás 19:00 horas a cargo do grupo Ensemble Oni Wytars quen presentará o seu espectáculo Mediterraneum, un programa que lle ofrece ao ouvinte unha pasaxe por músicas de diferentes épocas tomando sempre como referencia e argumento o mar Mediterráneo. O domingo a quenda será para La Cecchina, grupo que se subirá ao escenario xunto coa soprano Ana Arnaz e que ofrecerá un repertorio que intenta recrear a través da música a Florencia do renacemento. Para poder gozar dalgúns destes exclusivos concertos poden retirar os seus billetes para o transporte á illa no servizo de compra on-line Servinova. O custe do traslado é de dez euros. Tamén poden facerse con algunhas das dez entradas dobres coas que a Radio Municipal en colaboración coa Fundación Illa de San Simón agasalla aos seus oíntes. As saídas dos barcos realizaranse dende o porto de Cesantes, a primeira das saídas terá lugar ás 17:45 e a segunda ás 18:30 horas.

Xavier Alonso Xerente da Fundación
Oni Wytars
La Cecchina
A soprano Ana Arnaz acompañará ao grupo no concerto do domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará