Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pavillón de Chapela acolle esta fin de semana o campionato solidario “O Cabeiriño”

cabeiriño solidarios

O Pavillón “ Manuel González Soto” converterase os días 28 e 29 de decembro no epicentro da solidariedade coa celebración da duodécima edición do Cabeiriño, organizado por Arealonga FS, na que se darán cita deportistas e afeccionados nunha xornada deportiva cargada de emoción e cun obxectivo común: axudar ás familias máis necesitadas do municipio.

A través dunha serie de partidos benéficos, organizadores e participantes uniranse para recoller o maior número posible de alimentos non perecedoiros. Estes alimentos serán entregados a Cáritas Redondela, entidade encargada da súa distribución entre as familias que máis o necesitan.

Con esta iniciativa, Arealonga FS busca fomentar os valores do deporte e a solidariedade, demostrando que o fútbol sala pode ser unha ferramenta para mellorar a vida de quen máis o necesitan.

Desde a organización quérese agradecer o apoio incondicional do Concello de Redondela, así como de todos os patrocinadores, colaboradores e entidades que fan posible a celebración deste evento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará