Doenzas de maior ou menor gravidade pero que teñen a súa repercusión non só no enfermo senón en todo o seu entorno. Precisamente para abordar o tema dende os distintos ámbitos celébrase hoxe ás 19:00 horas no Multiusos unha charla baixo o título “A Saúde mental. Unha visión multidisciplinar”.
A actividade, organizada pola Concellería de Servizos Sociais, contará coa presenza de diferentes profesionais quen aportarán unha completa visión sobre as enfermidades mentais. Entres os poñentes atoparemos ao psiquiatra do Complexo Hospitalario de Vigo José Luís Fernández Sastre quen falará da saúde mental especialmente na infancia e adolescencia e de como previr situacións de risco. Na conferencia participarán tamén a avogada e asesora do Centro de Información á Muller de Redondela, Mercedes Carreira Varela quen exporá os principais pasos legais a seguir na incapacitación legal das persoas ante a ausencia de aptitude para obrar e decidir. Non faltará a valoración da psicóloga municipal Marina Iglesias e as aportacións de Jaime Figueroa, monitor da asociación e centro de Rehabilitación Lenda, quen convida a todos os veciños á achegarse a esta charla na que descubrirán como detectar a enfermidade mental, como enfrontarse a diferentes aspectos relacionados cunha doenza cunha elevadísima incidencia na sociedade. A charla será esta tarde ás 19:00 horas no Multiusos