O acto comezará ás 20:30 horas no Multiusos e no transcurso do mesmo a Asociación Lenda presentará o número 21 da revista “A voz de lenda”
A asociación Lenda presenta un novo número da súa revista “A voz de lenda”, que nesta ocasión xira en torno aos sentimentos. O acto terá lugar o xoves ás 20:30 horas e contará coa actuación do coro do centro de rehabilitación. O escritor padronés Sechu Sende participará tamén neste acto para presentar o seu últimos libro que leva por título “Animais”, trátase dun libro ilustrado, un conxunto de textos e deseños que forman un himno á vida natural e unha denuncia do progreso mal entendido, desde múltiples rexistros, desde a ironía e o humor ata o surrealismo. Un dos libros máis coñecidos de Sende é o conxunto de relatos curtos Made in Galiza do 2007 que lle fixo merecedor do Premio Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano, concedido pola Asociación de Editores Galegos.