Hoxe é Xoves 9 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigado por usar unha tarxeta de aparcamento de discapacidade dunha persoa falecida

mobilidade

O vehículo, propiedade dun veciño de chapela de 75 anos de idade, estaba aparcado nunha praza para persoas con mobilidade reducida usando o documento doutra persoa que leva máis de 6 anos falecida. O home está sendo investigado por un presunto delito de falsidade documental.

Axentes da Policía Local de Redondela abriron investigación a un veciño de Chapela por un presunto delito de falsidade documental por usar a tarxeta dunha muller falecida no 2018 para estacionar en prazas de aparcamento destinadas a persoas con mobilidade reducida.

O vehículo estaba aparcado nunha praza reservada a persoas de mobilidade reducida o pasado mes de novembro e os axentes iniciaron a investigación tras comprobar que a tarxeta estaba caducada dende o ano 2018. Ao persoarse o condutor do vehículo comprobouse ademais que dita tarxeta non se correspondía co titular do mesmo.

A continuación realizáronse novas pescudas comprobándose que a tarxeta fora expedida no Concello de Vigo e que a súa titular falecera hai máis de seis anos polo que se instruíron dilixencias ao Xulgado de Garda de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará