Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello adquirirá unha parcela en Chapela por valor de 1’5 millóns de euros

RR_Noticias

Un convenio asinado con Caixanova permitirá adquirir unha parcela na parroquia pertencente ao antigo polígono de autopistas para a instalación de diferentes servizos como unha gardería municipal ou un centro de día. O PP lembra que a Mancomunidade estaba disposta a ceder unha parcela ao Concello a custe cero.  

Os votos a favor de PSOE e BNG permitiron que saíse adiante no pleno de hoxe a modificación de crédito necesario para proceder á compra dun terreo de 35 mil metros cadrados en Chapela para a instalación de diferentes sevizos como unha gardería municipal, un centro de día ou o traslado do colexio de Igrexa. Unha compra que supón un investimento de millón e medio de euros, cantidade que no PSOE  entenden é mais que razoable tendo en conta que “se está a adquirir  terreo urbanizable moi por baixo da metade do prezo de mercado”. Unha explicación que non convencía aos populares quen lembran que dende a Comunidade de Montes os seus comuneiros amosáranse dispostos a ceder de xeito completamente gratuíto unha parcela da súa propiedade sempre e cando as administracións se comprometesen a empregalo para a ubicación de servizos. Alberto Pazos reiteraba que non ten sentido que se pague algo cando pode obterse a custe cero e pregúntase se detrás desta decisión de non aceptar os terreos da comunidade de montes non responderá máis ao enfrontamento manifesto existente entre o propio alcalde Xaime Rei e o presidente da Mancomunidade de Montes Francisco Puch, que a unha cuestión obxectiva. Dende o PSOE insisten en que o acordo acadado con Caixa Nova supón unha “oportunidade económica única” e reiteran en que a súa localización é a máis idónea para instalar os servizos dos que a día de hoxe carece a parroquia.

Emilio González Iglesias PSOE
O PSOE defendía a compra de terreos polo tratarse dunha oportunidade única
Alberto Pazos PP
Os populares lemran que hai unha proposta da Mancomunidade de ceder uns terreos completamente gratuitos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará