Ata mediados de marzo pódense ver as imaxes que se presentaron a XIX edición do concurso de fotografías que organiza o obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes. Preto de duascentas imaxes entre as que se atopan as gañadoras desta edición como “Curvas de nai” de Diego Ricón que se fixo co premio á mellor fotografía.
Logo de permanecer nas últimas semanas no Círculo Cultural de Cesantes, chega esta mostra ao Multiúsos onde se poderá visitar durante os meses de xaneiro e febreiro, para a continuación seguir percorreron as parroquias do concello con parada no Piñeiral do Crego e nos centros parroquiais como o de Cedeira e Reboreda.
Neste exposición da XIX edición do certame correspondente ao 2024 ademais da imaxe gañadora tamén poderemos ver o resto das fotografías premiadas: as “Salinas” de Mónica Vila Ferreirós, un”Amencer entre a néboa” de Guadalupe Rodríguez Vázquez e “Los juegos del agua de José M. Máiquez Mijares, todos eles premiados na categoría de adultos. Na categoría infantil resultaran gañadores Pablo Falgueiras Casarejos con “Tea” e Rita Queimaliños Estévez con “Lusco Fusco”.