A segunda fase da obra, consistente na construcción do ximnasio, acometerase cunha achega municipal de 750.000 euros. O goberno local estima que as instalacións estarán abertas aos usuarios en febreiro do 2011
As arcas municipais investirán 750.000 euros para a realización do ximnasio na que é a segunda fase de construcción do centro de deportes acuáticos de Chapela. Aínda que nun primeiro momento o obxectivo do goberno local era que a empresa concesionaria do servizo asumise a realización da obra, o edil de urbanismo, Emilio González Iglesias explicou que a situación actual de crise obriga á administración a realizar a obra cunha achega directa.. O edil aseguraba ademais que o usuario sairá beneficiado Dende o PP votaron a favor aínda que entenden que detrás de esta decisión se esconde unha falla de planificación por parte do goberno municipal que ten que cambiar de rumbo respecto do programado inicialmente. A terceira fase do centro, consistente na construcción do spa e a cafetería, si correrá a cargo da empresa adxudicataria do servizo.