O Centro de Recollida e Protección Animal (CAAN) da Deputación xestionou o pasado ano máis de 600 adopcións de cans en distintos fogares de toda Galicia e noutras comunidades. Na comarca de Redondela foron un total de 18 familias as que adoptaron cans neste servizo da institución provincial: 12 en Redondela, 2 en Soutomaior, 2 en Pazos e outros dous en Fornelos.
Ao longo do 2024 este servizo da Deputación rescatou un total de 1.200 animais das vías públicas. Máis da metade, 750, puideron ser devoltos aos seus propietarios tras conseguir localizalos.
En canto ás adopcións acadadas no 2024, se ben a maioría foron dentro do territorio galego (507), 109 chegaron a outras comunidades de España, principalmente a Castela e León (68), Asturias (15) e Madrid (12), máis tamén Castela A Mancha (6), Cataluña (3), Andalucía (2), Aragón (1), Pais Vasco (1) e Santa Cruz de Tenerife (1). No que se refire a Galicia, 437 foron na provincia de Pontevedra, 33 en Lugo, 31 na Coruña e 6 en Ourense.
Actualmente son xa 51 os concellos de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións.O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizaras adopcións pídese cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou 886 217 391.