Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan da precaria situación nos centros sanitarios de Redondela e comarca

sanidade

A Asociación pola defensa da sanidade de Redondela, a asociación de veciños de Chapela e representantes co Concello de Pazos súmanse a Plataforma SOS Sanidade Pública na convocatoria dunha mobilización que se vai desenvolver o día 16 de xaneiro baixo o lema pola “Reconstrución da área sanitaria de Vigo”. Alertan do deterioro na prestación e calidade nos centros de saúde da contorna pola falta de facultativos, a non cobertura das baixas e a saturación do servizo, o que se traduce tamén en logas esperas para seren atendidos.

SOS Sanidade Pública e veciñas e veciños da contorna alertan do deterioro progresivo da sanidade que afecta a Redondela e o seu ámbito que inclúe Chapela, Pazos de Borbén, e Fornelos. Unha situación que din “esta  producir problemas tanto na accesibilidade como na calidade recibida”.

Explican os casos concretos da nosa bisbarra como no Centro de Saúde de Redondela, onde á falta de dous médicos do centro sumase a falta de cobertura das baixas e permisos de longa duración con sobrecarga para os profesionais.

No Centro de Saúde de Chapela pola súa banda, hai baixas e ausencias sen cubrir que obriga as persoas usuarias a desprazarse a o PAC de Redondela, sendo esta situación un prexuizo para os e as veciñas ademais de repercutir no propio PAC de Redondela, afectando a atención que deberían recibir estes desprazados así como as veciñas e veciños adscritos o centro de Redondela, que veñen a agardar ata 15 días para seres atendidos.

No caso de Pazos e Fornelos o desprazamento da pediatra que prestaba servizos nestes centros obriga a preto 160 nenos a desprazarse para ter cobertura a súa atención. A maiores, a dotación de persoal en ambos centros é insuficiente, con 1600 cartillas e cunha poboación moi envellecida con mais necesidade de atención a saúde e con gran dispersión, supón unha sobrecarga de traballo para os profesionais.

Por todo isto, os colectivos sociais e veciñais fan un chamamento tanto aos profesionais, como a os usuarios e usuarias dos centro de saúde Chapela, Pazos de Borbén, Fornelos e Redondela para apoiar esta loita social do dia 16 de xaneiro as 19:00 horas en Vigo, dende a Praza de España (Praza dos cabalos) a Rúa Colón para reclamar medidas que combatan a situación  actual que cualifican de “desoladora”.

A Asociación de Veciños de Chapela convoca o mércores dia 15 no seu local (Rúa Estación, s/n. Edificio da antiga Estación do Ferrocarril de Chapela) a unha palestra, con representantes de SOS Sanidade Pública, que explicarán a situación da sanidade na Area Sanitaria de Vigo, que afecta no deterioro progresivo da sanidade a Redondela e o seu ámbito que inclúe a Chapela, Pazos de Borbén e Fornelos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará