Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello instalará un valado perimetral no Colexio de Laredo ante o risco de desprendemento de tellas

tellas-vexetacion

O goberno local comprometeuse, nunha reunión celebrada hoxe coa dirección do Colexio e representantes da Anpa, a colocar un valado perimetral que impida o acceso á zona en risco e a instalación dunha rede de protección para evitar a caída de materiais. O obxectivo destas medidas é garantir a seguridade no centro escolar ante a eventual caída de tellas e a “inacción da Xunta de Galicia”. Digna Rivas esixen á Consellería de Educación “que de maneira urxente poña data para facer a reforma integral da cuberta do CEIP Laredo, unha obra imprescindible para garantir a seguridade no centro”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e de Infraestruturas, Roberto Villar, reuníronse esta maña co director do CEIP Laredo, Abraham Domínguez, e o presidente da ANPA do centro, Martín Diéguez. A xuntanza tiña como obxectivo tratar os graves problemas de seguridade que sofre o centro debido ao mal estado da súa cuberta, co risco de desprendemento de tellas. O Concello de Redondela enviou hai un mes un informe técnico á Consellería de Educación da Xunta de Galicia advertindo da grave situación que presenta o tellado do centro. O informe advirte das “medidas de seguridade urxentes” que se deben adoptar, como a colocación dun valado perimetral para “garantir que ninguén poida acceder ao perímetro de seguridade”, así como unha rede de seguridade “para evitar que se desprenda calquera elemento da cuberta”.

Ante a falta de resposta por parte da Xunta de Galicia, Digna Rivas comprometeuse hoxe coa dirección e a ANPA do colexio a asumir desde o Concello eses traballos de maneira urxente “malia ser unha competencia exclusiva da Xunta”. A alcaldesa afirma que o primeiro “é garantir a seguridade dos máis de 180 alumnos e alumnas do centro, así como das familias, profesorado e viandantes que pasan pola beirarrúa do colexio”. Rivas sinala que “por responsabilidade” o Concello acometerá as obras “para perimetrar toda a zona que presenta risco de desprendemento para evitar calquera accidente, coa instalación dunha estrutura e unha rede de protección”. Os técnicos do Concello puxeron xa e marcha os trámites para a contratación destes traballos que poderían comezar a finais deste mes, ou comezos de febreiro. Rivas agradeceu a colaboración da dirección do centro e da ANPA, que se puxeron a total disposición do Concello.

A rexedora lamenta que despois dun mes de comunicar esta grave situación á administración responsable, o Concello aínda non obtivo resposta por parte da Xunta de Galicia “que é a administración que ten a competencia en materia de Ensino”. Rivas esixe á administración autonómica “que de maneira urxente poña data e prazos concretos para facer a reforma integral da cuberta do CEIP Laredo, unha obra imprescindible para garantir a seguridade no centro, tan como advirte o informe técnico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará