Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A empresa Magallanes renovables de Redondela instalará o primeiro parque comercial mareomotriz do mundo

magallanes

O conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, visitou onte a empresa Magallanes Renovables, con sede en Redondela, para coñecer a súa actividade no desenvolvemento de novas tecnoloxías no aproveitamento das correntes das mareas para obter enerxía. Un proxecto que lles permitirá instalar unha plataforma no primeiro parque comercial mareomotriz do mundo no Reino Unido.

 Acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou a intensa actividade de I+D+i da compañía, que mantén colaboracións con universidades, centros tecnolóxicos e empresas e que deseña e fabrica tecnoloxía en Galicia para exportala ao resto do mundo.

Precisamente, a plataforma ATIR, que instalará un dos primeiros parques comerciais mareomotrices do mundo no Reino Unido, deseñada para aproveitar as correntes mariñas e converter a enerxía cinética do mar en electricidade, recibiu unha axuda da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación. Mediante automatización avanzada, mellora o seu rendemento e a adaptabilidade, reducindo os custos de operación e mellorando a eficiencia na produción de enerxía eléctrica.

O representante do Goberno galego sinalou durante a visita que o proxecto é “tremendamente significativo, de futuro”, destacando o potencial galego “da empresa e que se fundamenta na investigación, coñecemento e transferencia”.

Por último, Román Rodríguez referiuse a esta empresa pontevedresa como exemplo da participación en proxectos internacionais de I+D+i, no marco de programas como Horizonte Europa ou Interreg Espazo Atlántico, e subliñou a súa participación activa nos procesos de definición tanto da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3) como do novo Plan galego de investigación e innovación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará