Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mercedes Méndez recibe o premio Reto Lector das Bibliotecas Municipais

reto lector

Esta usuaria da Biblioteca de Chapela resultou gañadora do sorteo celebrado entre as vinte persoas -maioritariamente mulleres- que lograron completar o reto lector convocado polas bibliotecas de Redondela e que consistía na lectura de 12 libros ao longo do pasado ano, cada un deles cunha temática específica.

Un lote de libros é o premio que recibiu unha das usuarias das bibliotecas municipais logo de ter superado con éxito o reto lector, unha proposta que buscaba que os lectores se achegaran ao longo do 2024 a todo tipo de temáticas deixando de lado a súa zona de confort. De entre todas as persoas que superaron o desafío, resultou gañadora do sorteo final unha lectora da biblioteca de Chapela Mercedes Méndez.

O acto de entrega do premio celebrouse nas dependencias da Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela, que este 2025 celebra o seu 20 aniversario. Co sorteo e a entrega do premio as Bibliotecas  únense á conmemoración do Día das persoas usuarias das bibliotecas, data destacada no Calendario do Libro e a Lectura de Galicia que se conmemora cada 11 de xaneiro.

A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, foi a encargada de entregar o agasallo á premiada Mercedes Méndez, xunto a Mª Elena Becerra e María José Villar, persoal das bibliotecas municipais de Redondela e Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará