Promotor da Cidade da Cultura durante os seus anos de conselleiro dende 1997 a 2005 durante o mandato de Manuel Fraga, faleceu este xoves vítima dun cancro aos 75 anos de idade.
O coñecido político galego, Xesús Pérez Varela, faleceu este 16 de xaneiro. Natural de Redondela, Pérez Varela desenolveu un importante papel na vida pública galega, cunha dilatada carreira política nas filas do Partido Popular de Galicia (PPdeG).
A súa carreira política iniciouse no ano 1990 cando foi nomeado director do gabinete de comunicación do presidente da Xunta naquela altura, Manuel Fraga. Foi secretario xeral de comunicación dende 1991 ata 1996 e converteuse en deputado no Parlamento Galego en 1997. Durante practicamente unha década dirixiu a Consellería de Cultura apostando polo Camiño de Santiago e pola Cidade da Cultura. Precisamente a enorme infraestrutura edificada no Monte Gaiás tería tamén consecuencias amargas que o levaron a comparecer na comisión parlamentaria polos sobrecustes e demora nas obras.
Tralo cambio de goberno na Xunta coa chegada ao poder do bipartito, Pérz Varela pasou a formar parte do Consello de Administración da CRTVG a 2009, para afastarse posteriormente da política.